viernes, 23 de octubre de 2009

O mundo emprendedor na nosa vila, actividade 3

GASTRONOMÍA DE VILALBA




















Na nosa vila celébranse dúas grandes festas gastronómicas, son moi coñecidas na zona.
A primeira é a feira dos capóns, produto típico desta terra. Celébrase no Nadal, e esta feira faise gracias a unha asociación. Celébrase porque é unha tradición para recoñecer os produtos típicos desta terra. É emprendedora porque esta asociación fai o posible para que se celebre esta feira e que sempre haxa premios para os mellores capóns, nela prémianse os mellores capóns, os cales son vendidos por un precio maior ca o resto.

A segunda feira típica de Vilalba é, a feira do queixo de San Simón da Costa. Celébrase en Agosto na praza da Constitución. Igual ca feira do capón tamén e moi recoñecida nesta zona, unha das produtoras deste produto e a coñecida Queixeria Préstes. Ainda que existen outras queixerias moi coñecidas como son Crisanto, Casleiras... A esta zona acude moita xente de outras vilas para degustar este produto. É moi coñecido e ten un sabor único.


REVISTA DUN COLEXIO DA ZONA

No colexio Insua Bermúdez de Vilalba os seus alumnos fan cada ano unha revista dedicada a un escritor coñecido de toda Galicia, ademais de adicarlle a dito personaxe faise un pequeno homenaxe ao mellor debuxante e mellor escritor do centro. A primeira publicación foi en 1980.






TURISMO EMPRENDEDOR DE VILALBA




O parador de turismo rural de Vilalba e unha iniciativa emprendedora por que dito parador foi reconstruído e agora e un dos hoteles máis coñecidos da zona. Nel atópase gran parte dos nosos recordos da vila.



No hay comentarios:

Publicar un comentario